Ruta artes e oficios 2023

Tomiño é terra de artistas, pintores, escultores, ceramistas, viveiristas e un longo etcétera, polo que un ano máis o Concello de Tomiño organiza as Rutas de Artes e Oficios: tres visitas comentadas polos propios artistas e artesáns, de balde, co fin de promocionar esta riqueza cultural e patrimonial.

Durante estas visitas poderemos coñecer de primeira man o día a día dos traballos que se levan a cabo polos diferentes profesionais, coñecendo os procesos de elaboración, os materiais empregados e todos os segredos que nos queiran mostrar in situ.

Para poder asistir é preciso inscribirse.

Enviarase un email coa confirmación da inscrición e tamén co punto de encontro de cada ruta ao correo electrónico co que se inscriba. Ademáis tamén ten dispoñible os puntos de encontro directamente no formulario de inscrición.

Horario: 20:30 h

Idade: Todos os públicos

Prezo: De balde

  • Viveiros da Barxa

    13 de xullo
  • Cítricos Rías Baixas

    3 de agosto
  • Obradoiro de torneado en madeira Vikensen

    10 de agosto

Vídeos