Ruta artes e oficios 2024

Tomiño é un municipio no que nacen e/ou pacen artistas multidisciplinares, persoas referentes na escultura, a escritura, a pintura, a cerámica… Tamén é unha terra onde se desenvolven oficios salientables, algúns innovadores e outros ancestrais: o oficio da pesca, o viveirismo etc.

 

Un ano máis o Concello de Tomiño organiza as RUTAS DE ARTES E OFICIOS: cinco visitas comentadas por persoas artistas e/ou artesás, de balde, co fin de promover a nosa riqueza cultural e patrimonial.

 

Durante estas visitas poderemos coñecer de primeira man o día a día dos traballos que se levan a cabo polos diferentes profesionais, os procesos de elaboración, os materiais empregados e todos os segredos que nos queiran mostrar in situ.

Horario: Rutas de artes e oficios ás 20.30h | Xeira ao Monte Tetón e Noite de estrelas ás 21.00h

Idade: Todos os públicos

Prezo: De balde

Para poder asistir é preciso inscribirse. Hai 20 prazas por actividade que se asignarán por orde de inscrición.

Enviarase un email coa confirmación da inscrición e tamén co punto de encontro de cada ruta ao correo electrónico co que se inscriba. 

PESCADORES DO RÍO MIÑO: 4 DE XULLO

PANADARÍA CAMIÑO NOVO: 18 DE XULLO

PILAR ALONSO-ARTISTA: 8 DE AGOSTO

VIÑEDOS DA BODEGA ALTOS DE TORONA: 29 DE AGOSTO

NOITE DE ESTRELAS: 6 DE AGOSTO

XEIRA POLO MONTE TETÓN: 9 DE AGOSTO