Semana da educación 2024

IX SEMANA DA EDUCACION 2024

Por noveno ano consecutivo organizamos DE BALDE a nosa SEMANA DA EDUCACIÓN para que docentes, persoas educadoras en xeral e pais e nais en particular acudan a informarse e formarse en diferentes temáticas relacionadas coa educación. Participan conferenciantes que son grandes profesionais con experiencia na temática. Nesta edición teremos con nós a Javier Jurado, César Bona, Rocío Vidal e Mamen Jiménez.
*Hai servizo de canguraxe dispoñible de balde.

Educación ON

Do 5 ao 8 de febreiro 2024 as 19h no Auditorio de Goian (Tomiño)

5 de febreiro de 2024 – CÉSAR BONA “HUMANIZAR A EDUCACIÓN”

6 de febreiro de 2024 – JAVIER JURADO “EDUCAR NA GLOBALIDADE: CONTRIBUCIÓN DA MÚSICA Á FORMACIÓN INTEGRAL DO ALUMNADO”

7 de febreiro de 2024 – ROCÍO VIDAL “La Gata de Schrödinger””A IMPORTANCIA DE EDUCAR NO PENSAMENTO CRÍTICO DENDE A INFANCIA”

8 de febreiro de 2024 – MAMÉN JIMÉNEZ  “La Psicomami” “E DE ONDE VEÑEN OS BEBÉS? A EDUCACIÓN AFECTIVO-SEXUAL NA CASA, SEN MEDIOS… E ATA CON RISAS!

O prazo de inscrición finalizou!