Subvención para a execución das obras de mellora de camiños municipais

Pola Dirección Xeral da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural AGADER concedeuse unha subvención de 46.320,00 € ao Concello de Tomiño para a execución das obras de MELLORA DE CAMIÑOS MUNICIPAIS EN VILAMEAN E GOIÁN, actuación incluída no Plan Marco de mellora de camiños municipais de acceso a parcelas agrícolas 2020-2021.

 

O importe da subvención financiase de acordo coa seguinte desagregación por fontes cofinanceiras:

 

FEADER – Unión Europea  75,00% 34.740,00 €
MAPAMA-Administración central 7,50 % 3.474,00 €
XUNTA DE GALICIA-Administración autonómica 17,50 % 8.106,00 €
TOTAL 46.320,00 €