Taller de primeiros auxilios na primeira infancia, no CRA Mestre Manuel Garcés, o día 22 ás 16.00 horas A acción forma parte do programa Medrando en Familia, do Servizo de Educación e Apoio Familiar

Dentro da aposta pola mellora dos servizos sociais municipais que leva adiante o Concello de Tomiño e coma unha nova acción do programa Medrando en Familia do Servizo de Educación e Apoio Familiar, o vindeiro mércores levarase a cabo un taller de Primeiros auxilios na primeira infancia, a cargo do Servizo de Pediatría do Centro de Saúde de Tomiño.

A sesión celebrarase ás 16.00h, no CRA Mestre Manuel Garcés. As persoas interesadas terán que anotarse a través da web co Concello ou chamando ao número de teléfono 986622001 en horario de 8 a 3. Haberá servizo de gardería.