Tamara e Bea Campos, de Migallas Teatro, e a escritora Puri Ameixide celebran o Día do Libro con contos, poemas e novelas Aquí pódense ver os vídeos que fixeron para conmemorar esta ocasión tan particular

Con motivo do Día do Libro, o Concello de Tomiño organiza unha serie de actividades a través de INTERNET

Dentro da programación, temos hoxe a actividade “#ContoParaDíaDoLibro  #PoesíaNoDíaDoLibro”, con Tamara Campos, da compañía Migallas Teatro e profesora da nosa Escola de Teatro Municipal. No vídeo que tedes a continuación, Tamara vai contarnos un conto moi especial:

 

E Beatriz Campos, actriz, da mesma compañía e docente do grupo de adultos, fará un recital de poesía que podedes tamén ver aquí:

 

Tamén contamos coa participación da escritora e docente do IES Antón Alonso Ríos, Puri Ameixide, que fala dos seus libros, e da importancia da lectura: