Tomiño acolle novas historias ao son das Catro Estacións de Vivaldi

Tomiño acolle novas historias ao son das Catro Estacións de Vivaldi Os Monicreques de Kukas chegan este domingo 26 ao auditorio municipal co seu espectáculo para público familiar ‘Viva Vivaldi (1, 2, 3 e 4 estacións)’

Tomiño acolle novas historias ao son das Catro Estacións de VivaldiTomiño pechará o Mes do Amor e a súa programación teatral de novembro a ritmo da música clásica. Este domingo 26 de novembro a compañía Os Monicreques de Kukas chega a Goián para conmemorar o 300 aniversario das Catro Estacións de Vivaldi cun divertido espectáculo para público familiar, ‘Viva Vivaldi (1, 2, 3 e 4 Estacións), no que recollen os cambios que se producen en cada unha das estacións do ano a través de pequenas historias que valoran a importancia da amizade e das relacións afectivas e solidarias.

Interpretado por Marián González, Larraitz Uruzola e Marcelino de Santiago, pequenos, pequenas e maiores poderán gozar durante a tarde do domingo das peripecias da pintura Maruxa, da escritora Rosalía e o músico Antón, que crearán un mundo fantástico e poético cuns monicreques tratados cunha paleta de cores brillantes e contrastados.

A actuación, dirixida a público familiar, será ás 17.30 horas no auditorio municipal de Goián e terá un prezo de 3 euros para persoas adultas e de 1,5 euros para nenos e nenas menores de 12 anos. As entradas poderán comprarse unha hora antes do espectáculo no despacho de billetes do propio auditorio.