Tomiño acolle unha nova visita da ITV móbil de turismos

Tomiño acolle unha nova visita da ITV móbil de turismos Será os días 31 de maio e 1 de xuño en San Benito, no campo de festas do Alivio

Unha unidade móbil de inspección técnica de vehículos estará de novo en Tomiñoñ a finais de mes. Esta unidade da ITV desprazarase ao concello para realizar as inspeccións técnicas de vehículos lixeiros, cunha masa menor ou igual a 3.500 kg.

A unidade estará situada en San Benito, no campo de festas do Alivio dous días:

  • o 31 de maio, no que as inspeccións se realizarán en horario de 09.00 a 13.30 e de 15.15 a 18.00 horas.
  • o 1 de xuño, que estará só en quenda de mañá, de 09.00 a 13.30 horas.

As persoas interesadas poden pedir xa cita a través do teléfonono 902 30 90 00 ou da páxina web do servizo, www.sycitv.com.