Tomiño acollerá a inauguración das primeiras Xornadas de formación en LGTBIfobia nos corpos e forzas de seguridade A presentación da actividade tivo lugar no salón de plenos do Concello o venres pasado

Tomiño acollerá a inauguración das primeiras Xornadas de formación en LGTBIfobia nos corpos e forzas de seguridade

Na mañá do pasado venres foi presentada oficialmente a actividade no Concello de Tomiño.

A esta presentación acudiu Xermán Cordero Verde, coordinador da Asociación Trans Miño-LGTBIQ+, organizadora destas xornadas (coa colaboración dos concellos de Tomiño, O Rosal e A Guarda); a alcaldesa de Tomiño, Sandra González, e o concelleiro de da Área de Seguridade, Ismael Troncoso.

Segundo expuxo o coordinador da asociación, con sede na Guarda,o obxectivo principal é “o achegamento entre as persoas vítimas dunha agresión por LGTBIfobia e os corpos de seguridade, así coma a formación para recoller os datos necesarios para que a fiscalía poida actuar (FCS). Outros dos fins dos organizadores é “romper cos estereotipos e medos das persoas que sofren este tipo de agresións, por exemplo, á hora de ir a unha comisaría.

o temario das xornadas versará sobre delitos de odio e discriminación, policía e diversidade; método de traballo e boas prácticas policiais, e suposto práctico sobre Análise de custoria.

As xornadas terán lugar os vindeiros días 22,23 e 24 de setembro nos concellos de Tomiño, O Rosal e A Guarda. O día martes 22, ás 10.30h será a inauguración no Auditorio de Goián, seguida da primeira sesión formativa. O día 23, ás 11 da mañá impartirase a 2º sesión, no Centro Polivalente de O Rosal, e xa o 24, ás 1030h comezará a última xornada formativa, seguida (ás 18.30h) dunha xornada de portas abertas, e da entrega de diplomas e peche.

As persoas que desexen apuntarse poden enviar un correo electrónico a transminho.lgtbi@gmail.com, ou chamar ao 626.420.874.