
27 Mar 2019 O Concello apraza as Xornadas de Arquitectura Indiana A actividade, prevista inicialmente para os días 29, 30 e 31 de marzo, celebrarase despois do verán
A Concellaría de Patrimonio, Turismo e Mocidade, que dirixe Fátima Rodríguez, decidiu aprazar até despois do verán ás Xornadas sobre Arquitectura Indiana no concello de Tomiño, inicialmente previstas para os días 29, 30 e 31 de marzo de 2019.
A actividade, que incluirá a presentación dun proxecto de catalogación, conferencias e rutas guiadas, celebrarase nunha data posterior ao verán, que se anunciará oportunamente.