Tomiño busca solucións naturais para reducir a calor do verán nas aulas das escolas infantís No centro de Goián planta 16 árbores para crear unha zona de sombra e no Seixo instala unha pérgola de madeira para abrigarse en épocas de chuvia

Tomiño busca solucións naturais para problemas derivados das condicións meteorolóxicas e os seus efectos nos edificios da vila. É o caso das dúas escolas infantís Galiña Azul coas que conta o municipio; unha no Seixo (Tomiño centro) e outra en Goián (segunda parroquia máis habitada do concello), e que suman un centenar de prazas de 0 a 3 anos.

Nesta última, coa axuda dunha paisaxista, o Concello propuxo ao Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar facer unha plantación dunha vintena de árbores, tales coma cedros, fotinias e arces; especies que cando crezan reducirán notablemente o paso da calor ao edificio durante os meses de verán. A colocación das árbores e duns toldos o Concello investiu 12.942,33 euros. “En Goián había un problema de excesivo calor nas aulas e procurouse unha solución ecolóxica que é unha plantación de árbores”, amais de colocar uns toldos nas ventás”, explica a concelleira de Benestar Social, Igualdade e Educación, Cristina Martínez. 

Por outra banda, na escola infantil do Seixo instalouse unha pérgola de madeira feita a medida e con teito de metacrilato para crear unha zona de abrigo onde nais e pais poidan agardar aos/ás escolares en épocas de chuvia. Neste caso o investimento, que ascendeu a 5.971,51 euros, viu  dar solución a un requirimento das familias que a partir da pandemia do Covid-19, víronse obrigadas a manter unha distancia maior da entrada do edificio.

Na elección do arbolado, segundo apunta a paisaxista Sinda Davila, de Verdeon Jardinería, para a escola de Goián tivéronse en conta varias vertententes: a ornamentación do conxunto, o acompañamento ao edificio e dar resposta ás necesidades de sombra demandadas dende a dirección do centro. As árboes elexidas pola súas caracteríticas foron: Cedrus atlantica, Glauca péndula, Acer platanoides “Globosum”, Photinia x fraseri “Red Robin”e Albizia julibrissin.

“Os cedros acompañan a entrada do edificio antigo nomeado como a casa do médico, pola sua porte, o seu peso e caracter, son árbores maxestuosos, de folla perenne e color azulado, piñas cara arriba, acompañan ademáis en cor ao logotipo da Galiña Azul”, comenta.

No interior plantados no xardín hai unha combinación de arce e albizia, plantados na zona de máis sol para proporcionar sombra de dúas formas; unha tamizada polas follas da albizia e outra máis densa dos arces.

As photinias marcarán cor vermello na primavera, violáceo no verán e verde no outono. “Estas especies foron elexidas polo seu crecemento controlado, xa que admiten ben as podas e pola interese paisaxística. Ademais, foron plantadas cunha barreira de proteción anti-raíces para evitar destrozos nos saneamento”, explica a profesional.