O proxecto, que terá un custe de 1,3 millóns de euros, suporá a integración total dos equipamentos a través do espazo público

Tomiño capta un millón de euros do Plan PON2030 para a rehabilitación enerxética da Casa da Cultura e melloras na contorna

O proxecto, que terá un custe de 1,3 millóns de euros, suporá a integración total dos equipamentos a través do espazo público

 Tomiño vén de conseguir unha subvención dun millón de euros do PON2030, un plan extraordinario da Deputación de Pontevedra co que se busca transformar os concellos para seguir avanzando na execución da Axenda 2030. A través do proxecto beneficiado, denominado ‘Integra Tomiño’, o Concello levará a cabo a rehabilitación enerxética da Casa da Cultura e implementará melloras no espazo público de toda a contorna.

O proxecto, que terá un custe de 1,3 millóns de euros, suporá a integración total dos equipamentos a través do espazo públicoDentro do proceso de avaliación dos proxectos presentados, a proposta de Tomiño acadou a oitava mellor puntuación entre as 40 iniciativas finalmente subvencionadas. Deste xeito, o Goberno municipal continuará transformando Tomiño para convertelo nun concello máis sostible a través desta axuda que “representa un importante impulso para o desenvolvemento e revitalización do municipio”.

Cun investimento total de 1,3 millóns de euros, o proxecto ‘Integra Tomiño’ non só abarcará a rehabilitación enerxética da Casa da Cultura, senón tamén a mellora e acondicionamento de todo o espazo adxacente situado diante do edificio de Benestar Social, na rúa República Arxentina e na vía situada tras a Casa de Cultura, ata o Centro de Día. A proposta busca a integración de equipamentos a través do espazo público co obxectivo de crear unha contorna cohesionada e funcional para desfrute da veciñanza.

A alcaldesa de Tomiño, Sandra González, amosou a súa satisfacción “por este importante investimento no noso concello, que nos permitirá levar adiante un proxecto que mellorará e modernizará a infraestrutura existente e creará un espazo máis accesible e atractivo para a veciñanza”.