Tomiño celebra a 1ª Carreira Día do Traballador, con andaina e premios para varias categorías O prazo de inscrición remata o vindeiro mércores (25 de abril) e xa hai apuntadas máis de 100 persoas de diferentes idades

Tomiño celebra o vindeiro luns 1 de maio, a I Carreira Día do Traballador, na que xa hai apuntadas máis de 100 persoas, a partir dos 16 anos de idade.

A proba, organizada polo Tebra F.C., conta coa colaboración do Concello de Tomiño e do ximnasio Vip.

A saída será ás 10.30h dende a rúa Daniel Calzado, no Seixo. A meta, o mesmo lugar.

O prazo de inscrición remata o vindeiro mércores, 25 de abril, ás 24.00h. As persoas interesadas poden apuntarse no Centro Deportivo Vip, de Tomiño, ou ben, na páxina web: www.championchipnorte.com

Haberá tres modalidades entre as que se poderá elixir á hora de inscribirse: carreira de 10 km., carreira de 5 km., ou ben, andaina (5.km.).

Haberá premios para os mellores clasificados de Tomiño (feminino e masculino) e gañador/a absoluto. Tamén para as categorías Maiores de 55 anos; De 35 a 55 anos e De 16 a 35 anos.

A entrega de dorsais realizarase no ximnasio Vip, durante o sábado anterior á proba, e haberá que estar no lugar de saída dúas horas antes do comezo das probas.