Tomiño comparte a súa experiencia no V Congreso Cidades Amigas da Infancia de UNICEF Sofía Areal, ex-alumna do IES Antón Alonso Ríos, participou para relatar a súa vivencia ao fronte do Consello da Infancia e Adolescencia de Tomiño

O “V Congreso Ciudades Amigas de la Infancia: la opinión de la infancia cuenta”, organizado por UNICEF en Madrid, contou coa presenza de Tomiño, representado pola alcaldesa Sandra González, a concelleira de Mocidade e Participación Infantil, Fátima Rodríguez e  Sofía Areal, ex-alumna do IES Antón Alonso Ríos que estivo ao fronte do Consello da Infancia e Adolescencia “Voces Novas” de Tomiño.

O congreso, celebrado os días 25 e 26 de novembro no Caixaforum de Madrid, foi inaugurado pola Ministra de Sanidade, Consumo y Bienestar Social, María Luisa Carcedo Roces, xunto co presidente do Comité Español de UNICEF, Gustavo Suárez Pertierra.

A representación tomiñesa asistiu a diferentes obradoiros e mesas de traballo. Sofía Areal participou, ademais, no “Diálogo con representantes dos consellos de participación infantil y adolescente y César Muñoz (Consultor Internacional de Infancia, Juventud y Participación Ciudadana-Democracia Participativa)”. A moza tomiñesa salientou a necesidade de que as persoas que toman as decisións que afectan á infancia e á adolescencia, consulten a estes sectores de poboación antes de tomalas. Puxo coma exemplo o feito de que os/as poñentes do propio congreso sexan persoas adultas, “cando somos nos quen mellor coñecemos o que nos pasa e o que necesitamos cambiar”.

Con unha audiencia de preto de 400 persoas, o V Congreso Ciudades Amigas de la Infancia, tivo coma temática central o dereito á participación contemplada na Convención dos Dereitos do Neno (CDN), xunto coa non discriminación.

A alcaldesa de Tomiño sinalou tras o congreso, a importancia de achegar a xestión pública ao nenos e nenas, mozos e mozas, creando así mecanismos máis eficaces e inclusivos de participación.

Para o peche do Congreso, os máis de 50 alcaldes e alcaldesas asistentes, asinaron a “Declaración de Colonia de Alcaldes y Alcaldesas”  firmada en la Primera Cumbre Internacional de Ciudades Amigas de la Infancia que tivo lugar na cidade alemá o mes pasado, co fin de renovar o compromiso coa Convención sobre os Dereitos do Neno, no marco de seu 30 aniversario.

No mes da , o Concello de Tomiño desenvolveu varios actos coma a celebración do pleno infantil, o pasado mércores; o remate da colocación de 700 pictogramas nos centros educativos, e a participación neste Congreso de Cidades Amigas da Infancia; galardón outorgado a Tomiño por parte de UNICEF o pasado ano, e que supón que o Goberno Local mantén o seu compromiso de que a infancia sexa un dos eixos centrais das políticas públicas municipais. A alcaldesa lembrou durante o pleno infantil a necesidade de que a poboación infantil e xuvenil se implique participando no Consello da Infancia e Adolescencia de Tomiño, para facer que a súa voz sexa escoitada e tida en conta na toma de decisións.