Tomiño conmemora o Día do Libro convidando á cidadanía a realizar actividades relacionadas coa lectura Haberá tamén poesía, contos, entrevistas e charlas online

Con motivo do Día do Libro, o Concello de Tomiño organiza unha serie de actividades a través de INTERNET.

A programación elaborada para a conmemoriación desta importante data, mañá 23 de abril, é a seguinte:

1.-#euquedonacasaLENDO  Únete á nosa campaña compartindo fotos e vídeos co libro que estás a ler ou sobre a última lectura realizada. ETIQUÉTANOS! Ou deixa un comentario

2.-#candoEUeracomaTI  Recomendación de pais e nais, avós, avoas, persoas xubiladas sobre lecturas que marcaron a infancia a través de fotos. Podes etiquetarnos ou deixalas en comentarios.

3.-#LibrosLibres. Compartide citas de escritores ou escritoras que che gusten especialmente

4.-#ContoParaDíaDoLibro  #PoesíaNoDíaDoLibro. Tamara Campos, da compañía Migallas Teatro e profesora da nosa Escola de Teatro Municipal vai contarnos un conto no día do libro e Beatriz Campos, actriz, damesma compañía e docente do grupo de adultos, fará un recital de poesía tamén o 23 de abril.

5.-#ClubLectura O día do libro. Compartiremos a entrevista que lles realizamos aos clubs de lectura que hai en Tomiño.

Tamén contaremos coa participación da escritora e docente do IES Antón Alonso Ríos, Puri Ameixide, que falará dos seus libros, en https://gl.wikipedia.org/wiki/Puri_Ameixide.

Ao longo do día colgaremos nas nosas redes vídeos con contos, teatro, presentacións, etc.

Con motivo do Día do Libro, dende as concellerías de Educación e Cultura, convidan a desenvolver hábitos de lectura no fogar, xa que son moitos os beneficios desta boa práctica.

Sobretodo é importante inculcar e fomentar estes hábitos na infancia e a adolescencia, pois os libros son un pilar fundamental no desenvolvemento emocional (autocoñecemento), cognitivo (memoria, imaxinación, linguaxe) e no rendemento escolar. Durante estes días de confinamento podemos embarcarnos na lectura para enriquecernos cultural e afectivamente, ademais de pasar un tempo de descanso placenteiro”, aconsellan as concelleiras de ambas as dúas áreas.