Tomiño e Cerveira acordan traballar nunha xestión compartida da piscina e da escola de música municipais

O terceiro Focus Group da Axenda estratéxica para a cooperación transfronteiriza centrouse en dar a coñecer os equipamentos e servizos públicos locais das dúas localidades

Focus 3 h Focus 3 e

Os municipios fronteirizos de Tomiño e Vila Nova de Cerveira, traballarán para facer posible unha xestión compartida de servizos públicos, coma a piscina municipal (Cerveira) ou a Escola de Música (Tomiño).
Así o acordaron os rexedores locais de ambos os municipios, Fernando Nogueira (Cerveira) e Sandra González (Tomiño), no marco da Axenda estratéxica para a cooperación transfronteiriza Cerveira-Tomiño 2014-2020, cuxa terceira reunión (Focus Group 3), sobre “Xestión compartida dos servizos públicos locais”, tivo lugar hoxe na Biblioteca Municipal de Cerveira.

Asemade, asistiu ao encontro unha nutrida representación de distintas entidades locais das dúas vilas, coma centros educativos de distintos niveis, asociacións culturais, deportivas, veciñais, xuvenís, artísticas, de persoas con discapacidade, etc.; forzas de seguridade e técnicos dos dous concellos, interesados en facer unha posta en común das necesidades e recursos de cada quen, co fin de contribuír a unha maior integración dos municipios na Euro-Rexión, e ao deseño de proxectos conxuntos que poidan presentarse a convocatorias de programas europeos.

Focus 3 f Focus 3 d

Neste terceiro encontro, abordáronse temas coma a posibilidade de realizar accións pedagóxicas comúns entre as comunidades educativas das dúas localidades (visitas e intercambios escolares, visitas a museos, competicións deportivas, etc.). Neste punto púxose de manifesto a necesidade de solventar previamente problemas burocráticos de permisos e autorizacións legais que existen na actualidade, e dificultan a organización de actividades compartidas.

Outro ámbito no que se acordou traballar de maneira conxunta é o do voluntariado; tema máis desenvolvido no lado galego, ao parecer, polo que a concelleira de Cultura de Cerveira, propuxo aproveitar a experiencia dos veciños tomiñeses, lembrando a importancia de planificar de forma coordinada accións culturais, comerciais, de promoción do patrimonio, de eliminación de barreiras arquitectónicas, etc.

Focus 3 c Focus 3 a

Coordinar as accións culturais, festivas, musicais, coma o Minho Reggae, por exemplo, foi outra das posibilidades baralladas durante a reunión.

O cuarto e último Focus Group terá lugar o día 5 de decembro, ás 10.30 horas (hora galega) na Casa da Cultura, sobre “Desenvolvemento económico”.

O programa metodolóxico destes encontros ou “focus group” desembocará na celebración das I Xornadas Amizade Cerveira-Tomiño, no vindeiro mes de febreiro.

Máis información na web amizade-cerveira-tomino.eu ou enviando un correo a tomino@amizade-cerveira-tomino.eu

DSC_0227 (Copy) DSC_0236 (Copy)

DSC_0234 (Copy) DSC_0233 (Copy)

DSC_0255 (Copy) DSC_0257 (Copy)