
10 Dec 2020 Tomiño lanza a campaña “Nadal + Nadal”, con ata 3.000 euros en premios mercando no comercio local As persoas que merquen nos comercios adheridos á campaña poderán multiplicar x2 o valor da súa compra
Este Nadal vai ser a todas luces diferente, marcado e atravesado pola situación de pandemia actual, e desde o Concello de Tomiño temos claro que máis que nunca é necesario dar un impulso ao comercio local para que poida afrontar a campaña natalicia do mellor xeito posible.
É por isto que desde o goberno municipal acábase de lanzar “Nadal + Nadal”, unha campaña que terá como beneficiarios aos comercios de Tomiño e a aquelas persoas que realicen as súas compras neles. En cada local que participe na campaña instalarase unha urna na que os clientes que merquen nos comercios adheridos á campaña entre os días 12 e 26 de decembro poderán depositar o seu tique de compra —cun valor máximo de 100 euros—.
O día 26 de decembro todas as urnas serán abertas no salón de Plenos da Casa do Concello e procederase ao sorteo, extraendo todos os tiques necesarios ata que a suma dos valores destes chegue á cantidade de 1.500 euros. Por cada tique premiado que apareza na lista, o Concello emitirá un vale polo dobre do seu valor, ata un máximo de 3.000 euros, e porase en contacto coas persoas premiadas.
Concurso de decoración
Coa intención de fomentar a creación dun ambiente agradable e atraente, para poder participar da campaña, os comercios de Tomiño deberán decorar os seus escaparates —ou locais comerciais no caso de non contar con este— con elementos natalicios ata o próximo 6 de xaneiro. Os comercios adheridos pasarán a formar parte dun concurso que premiará á mellor decoración, dependendo da modalidade na que estean inscritos. Os premios serán:
1º Premio Mellor escaparate ………………………… 500,00€
1º Premio Mellor local …………………………………. 500,00€
2º Premio Mellor escaparate ………………………… 250,00€
2º Premio Mellor local …………………………………. 250,00€
Os gañadores serán escollidos polo xurado dos premios, que estará conformado por dous representantes do comercio local, dous artistas do municipio e un representante do Concello de Tomiño. O veredicto será anunciado o vindeiro 30 de decembro ás 20:30 horas no salón de plenos do Concello.
LISTAXE DE COMERCIOS ADHERIDOS
CELDIS ESTIPEL
LA REINA CARACOLA
J. CARRERA DECORACIÓN
JOYERÍA PAZO
CATIVOS TOMIÑO
PARAFARMACIA TOMIÑO
HERBORISTERÍA HILDEGARDA
LA PIÑA COQUETA
MOLDES TOMIÑO
LA VIDA ES BELLA
ENTRELAGAR CB
ROUPA PAREDES
SCAPARATE
MERCERÍA O FÍO
MORELL 85
MOURÓN Y REY
JAYCASA VISIÓN
PARAFARMACIA ROMA CB
CALZADOS GONZÁLEZ
RODRÍGUEZ THE BRAND STORE
ARTE PELUQUERÍA
CHÉVERE
FERRETERÍA & HOGAR BOUZADA
GOICHIC REGALOS
VIP
MARTIAN TOYS
LIBRERÍA NOVIDADES
MERCERÍA CHANTILLY
CONFECCIONES ISABEL
FOTOMIÑO
CORTINAS BALPI
RO&RO