Tomiño organiza por 2ª vez a mesa redonda online “Veciñas na Ciencia” para conmemorar o Día internacional da muller e da nena na ciencia   Este ano participarán catro veciñas relacionadas coa bioloxía, a enoloxía, a veterinaria e a química

O Grupo de Voluntariado Local, formado por mocidade de Tomiño e concellos próximos, organiza novamente, e tras o éxito da pasada edición, a mesa redonda online “VECIÑAS NA CIENCIA”.

Este ano o evento celebrarase o sábado 12 de febreiro ás 18.00 horas a través do programa Zoom. Contarase coa participación de catro veciñas relacionadas con diferentes disciplinas científicas: Ana Álvarez Vaz, graduada en bioloxía; Alba Martínez Guerreiro, licenciada en Enoloxía; Aída González Méndez, veterinaria, e Montse Núñez, química.

A través das súas testemuñas tentarán visibilizarán a situación da muller en diferentes ramas científicas, tanto na etapa de formación, como a nivel persoal e laboral. Compartirán coas persoas asistentes as súas experiencias, dificultades e logros nos seus respectivos ámbitos científicos.

A PARTIR DO LUNS 7 ESTARÁ ABERTA a inscrición ao evento na páxina web do Concello (www.tomino.gal).

As persoas que desexen máis información poden enviar un correo electrónico a voluntariadotomino@gmail.com

O enlace PARA ASISTIR Á MESA REDONDA ONLINE, a través de Zoom, é: https://us02web.zoom.us/j/85704100960.

Tamén será posible seguir a mesa redonda a través de Youtube, na canle do grupo de voluntariado: https://bit.ly/2Ygxoaj