TOMIÑO ORGANIZA UN CURSO DE “INICIACIÓN AOS SONDEOS ACÚSTICO DE MORCEGOS”

A actividade, que terá unha duración de 20 horas, está dirixida a persoas que traballen en tarefas de seguimento ambiental

En colaboración coa OMIX (Oficina Municipal de Información Xuvenil) de Tomiño, os días 26 e 27 de abril impartirase un curso de “Iniciación aos sondeos acústicos de morcegos”, no que se abordarán aspectos básicos da ecoloxía e bioacústica dos morcegos galegos, e metodoloxías máis utilizadas para o seu seguimento.
O curso terá unha duración de 20 horas e combinará teoría e práctica. Está especialmente enfocado para xente que traballe ou pretenda traballar en impacto e seguimento ambiental (como parques eólicos) e para calquera que queira achegarse a este descoñecido grupo de mamíferos.
Inscricións nos teléfonos 986623304 e 986622001, ou enviando un correo electrónico a omix@concellotomino.com