TOMIÑO ORGANIZA UN NOVO CURSO DE MANIPULADOR DE ALIMENTOS NO AUDITORIO DE GOIÁN A ACCIÓN FORMATIVA TERÁ LUGAR O 24 DE XUÑO ÁS 17:00 HORAS

O Concello de Tomiño organiza un novo curso de MANIPULADOR/A DE ALIMENTOS, o vindeiro xoves, 24 DE XUÑO DE 2021 no AUDITORIO de GOIÁN, ás 17:00 horas.

A data límite para inscribirse é o vindeiro 21 de xuño, sendo as prazas limitadas e tendo un custe de 20 euros. As persoas interesadas poden anotarse na Oficina de Desenvolvemento Local do Concello de Tomiño ou chamando ao número de teléfono 986 622 001.

As persoas asistentes ao curso deberán levar con elas o seu DNI e ir provistas de máscara e bolígrafo.