
15 Mai Tomiño participa nas xornadas ‘Razóns para querer Europa’ celebradas en Porto Asistiron a concelleira de Mocidade, Fátima Rodríguez, e a técnica responsable Eurodesk, Elisabet P. de Santiago
O pasado xoves 3 de maio realizáronse na cidade portuguesa de Porto as xornadas ‘Razóns para querer a Europa’, coorganizadas polo concello de Tomiño a través da súa Oficina Multiplicadora Eurodesk xunto con os seguintes colaboradores:
- AEP – Associação Empresarial de Portugal
- Concello de Lugo
- CMP– Câmara Municipal do Porto
- CEG– Confederación de Empresarios de Galicia
- Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria
- Deputación da Coruña
- Deputación de Pontevedra
- GAIN – Axencia Galega de Innovación
- IGAPE – Instituto Galego de Promoción Económica
- IPCA– Instituto Politécnico do Cávado e do Ave
- Profi Sousa– Associação de Ensino Profissional do Vale do Sousa
- Servizo Público de Empregode Galicia naCoruña
- TECNÓPOLE– Parque Tecnolóxico de Galicia
- UDC – Universidade da Coruña
- USC– Universidade de Santiago de Compostela
- UVIGO – Universidade de Vigo
- Xunta de Galicia
Representando ao concello de Tomiño asistiron a concelleira de Mocidade, Fátima Rodríguez, e a técnica responsable Eurodesk, Elisabet P. de Santiago, que participaron nas conferencias e mesas redondas. Tamén contaron coa presenza de Karina Bouzada, estudante tomiñesa que está a realizar no concello tomiñés as prácticas do ciclo de Animación Sociocultural e Turística que leu unha carta sobre as vantaxes que ofrece Europa a hora de realizar Erasmus.
Para rematar houbo unha sesión de networking na que se acadaron interesantísimos contactos que dende o Concello dean froitos pronto.