Tomiño prepárase para a chegada dos Reis Magos de Oriente Encherán de maxia cada parroquia a partir das 16:00h e rematarán na Praza do Seixo con moitas máis sorpresas.

Xa está todo listo en Tomiño para dar a benvida as súas Maxestades de Oriente o vindeiro venres, 5 de xaneiro. O percorrido visitará as parroquias da localidade buscando achegar maxia e ilusión a todos os recunchos, e estará cargado de sorpresas.

A comitiva real comenzará ás 16:00h dende os diferentes puntos de inicio de cada unha das tres rutas, realizando cerca de vinte paradas nas que os máis pequenos e pequenas poderán saudar de preto as súas Maxestades.

Será a partir das 17:30h cando a Praza do Seixo se convertirá no escenario perfecto para a actuación do Mago Samuel Moreno, cun espectáculo que combina maxia e entretemento, prometendo conquistar a atención de nenos e maiores por igual. Despois, os Reis Magos farán entrada acompañados polas treboadas de Tomiño e será cando todas e todos os cativos terán a oportunidade de entregarlle as súas cartas e saudalos.

Repartiranse agasallos e caramelos -tamén sen gluten para que poidan desfrutalos todos os asistentes- e entregaranse rifas para participar nun atractivo sorteo de dúas bicicletas, catro bonos para a Granxa Escola Corazón de Carballo e tres táblets. Os números afortunados publicaranse despois nas redes sociais.

En caso de choiva, as súas Maxestades non poderán visitar as parroquias polo que toda a celebración será na carpa situada na Praza do Seixo, para maior desfrute de todos e todas.

A Alcaldesa, Sandra González, quere amosar “o meu enorme agradecemento a todas as persoas que colaboran para que este día sexa máxico. Queremos que os nosos cativos o desfruten do mellor xeito, por iso, dende o Concello convidamos a toda a veciñanza a que se una á celebración, para compartir entre todas e todos estes momentos de alegría e ilusión”.