Tomiño presenta unha potente campaña contra a violencia de xénero, coa instalación de fotos na rúa e a proxección dun vídeo nas redes sociais "O AMOR NON ATA, NON ATRAPA" é o lema das accións que incluyen tamén un acto con 150 estudantes de secundaria, teatro e varios obradoiros

“O AMOR NON ATA, NON ATRAPA”. Con este lema, o Concello de Tomiño realiza este ano unha potente campaña contra a violencia de xénero, que ten como reclamo principal a instalación de fotos na rúa e a proxección dun vídeo nas redes sociais e páxinas web do municipio.

A campaña, que comeza o luns 22 de novembro, é obra de Sergi Lorenzo (mozo fotógrafo e técnico audiovisual tomiñés afincado en Madrid), coa colaboración co Grupo de Voluntariado Local.

As fotos poderán mirarse en distintos puntos como marquesina de autobús do Seixo, mupis en parroquias e mercados de Tomiño e Goián.

Para completar a obra, o grupo de voluntarios e voluntarias de Tomiño colaborou co autor na edición dun video que será difundido na web municipal e redes sociais do Concello.

O día 25 ás 12.30h terá lugar o ACTO PÚBLICO na Praza do Seixo. 150 alumnos e alumnas do IES Antón.Alonso Ríos achegaranse á Praza so Seixo ás para mostrar a súa repulsa contra a violencia de xénero; lerán un manifesto  e representarán unha regueifa feminista, ambos da súa creación. 

De seguido, polo Concello procederase á lectura da Declaración institucional que antes será presentada a todos os grupos políticos, e gardarase un minuto de silencio

Ás 13:00h no Mercado Municipal, haberá teatro, coa obra “Desalento”, de Mónica Sueiro. Unha acción escénica sobre el maltrato psicolóxico. Sueiro, diplomada en maxisterio e licenciada en Psicopedagoxía, comezou a súa formación na Aula de Teatro Universitaria de Ourense con Sarabela Teatro. Na actualidade dirixe a Aula de Teatro de Baiona e o taller de
interpretación da ONCE Vigo.

O día 27 , Jessica Rodíguez Piñero, mestra de primaria, nominada aos premios Educa ABanca como mellor docente de España, presentará dentro do Programa Medrando en Familia o seu primeiro álbum ilustrado infantil con temática social, “Peúgo, o calcetín melenudo”, unha historia na que a través dunha personaxe como un calcetín cun furado analiza o tema da violencia de xénero, e a importancia do autoconcepto e da autoestima.

Por último, están programados os Obradoiros VIOLENCIA DE XÉNERO NO NOVO CONTEXTO DIXITAL ( IES ANTÓN ALONSO RÍOS) , que o Concello de Tomiño solicitou e obtivo da Secretaría Xeral da Igualdade no marco do convenio coa FEGAMP.

Dende o luns 22/11 estará colocada no Concello a pancarta contra a violencia machista, que este ano será común a distintos concellos da contorna, dentro da campaña : “O rural contra a violencia de xénero”, da asociación de desenvolvemento “Eu Rural”.

Campaña financiada con cargo aos fondos do “Pacto de Estado contra la Violencia de Género- Ministerio de Igualdad,  Secretaría de Estado de Igualdad y contra la Violencia de Género”.