Tomiño súmase á conmemoración do Día Mundial da ELA colgando unha lona no balcón do Concello A casa consistorial será un dos máis de 300 edificios que se iluminarán de verde en España co fin de visibilizar esta doenza que sofren milleiros de persoas en silencio

Hoxe, 21 de xuño, celébrase o Día Mundial da ELA. O Concello de Tomiño sumarase, coma cada ano, a esta conmemoración, colgando unha lona no balcón da Casa do Concello e iluminando o edificio de verde, cor característica de esta doenza, da que cada día, se diagnostican tres novos casos e falece outro tanto en silencio.

Deste xeito, Tomiño únese á campaña da Asociación Galega de Esclerose Lateral Amiotrófica (AGAELA), que xunto ás asociacións de familiares e pacientes, coma membros da Comunidade da ELA, lanzaron a Campaña #LuzporlaELA na que edificios e monumentos de toda España se iluminarán de verde co fin de visibilizar a esta doenza e apoiar ás persoas que a padecen, para concienciar á sociedade sobre as dificultades que sofren cada día. 

O ano pasado ilumináronse 305 monumentos en 210 municipios de toda España. En Galicia iluminaranse de verde máis de 60 edificios, entre os que se encontran o Edificio Administrativo de San Caetano e a Cidade da Cultura; a Subdelegación do Goberno de Ourense, os edificios das deputacións de A Coruña, Ourense, Pontevedra e Lugo, entre moitos outros.

A Sociedade Española de Neuroloxía (SEN) estima que no país existen unhas 3.000 persoas afectadas por ELA e que cada año se diagnostican uns 900 novos casos.