Tomiño súmase á iniciativa da Asociación Española contra o Cancro para visibilizar a enfermidade que afecta a máis de 14 millóns de persoas no mundo A acción busca mobilizar a conciencia para avanzar na prevención e na investigación, facendo un chamamento á participación e compromiso social

Tomiño vén de sumarse á conmemoración do Día Mundial contra o Cancro, colocando unha lona alusiva ao tema e iluminando a fachada da Casa do Concello. A iniciativa, promovida pola Asociación Española contra o Cancro, ten a finalidade de visibilizar unha enfermidade da que se diagnostican cada ano máis de 14 millóns de casos no mundo.

O Día Mundial contra o Cancro busca mobilizar a conciencia social para avanzar na prevención, e a investigación, facendo un chamamento á participación e compromiso de todas e de todos.  Este ano o lema será: “Por uns coidados máis xustos”.

Cada ano diagnostícanse no mundo máis de 14 millóns de casos novos desta doenza e preto de 10 millóns de mortes.