Tomiño, un só médico para 14.000 habitantes

Tomiño, un só médico para 14.000 habitantes Tras a celebrada hoxe, a Plataforma en Defensa da Sanidade Pública de Tomiño convoca unha concentración masiva e reinvindicativa este domingo 17 ás 11.30 h na Praza do Seixo

Este xoves a Plataforma en Defensa da Sanidade Pública de Tomiño acompañada de moitas e moitos veciños concentrouse diante do Centro de Saúde do municipio tras a terrible realidade que está a padecer a sanidade pública no concello: tan só un médico para todo Tomiño para a xornada de hoxe.

Como explican dende a Plataforma, esta situación fai que estean bloqueadas as citas médicas para o que queda do mes de decembro e tamén para xaneiro. Isto provoca que a atención sanitaria só se poida recibir a través de Urxencias. Ante a falta de facultativos, as e os pacientes optan por acudir ás Urxencias do PAC de Tui ou ao propio Hospital Álvaro Cunqueiro de Vigo.

A Plataforma agradece o respaldo da veciñanza na concentración de hoxe, unha grande acollida que “pon de manifesto que a veciñanza vai moi farta e moi preocupada ante o desmantelamento do noso centro de saúde”. Durante a concentración gardouse un minuto de silencio ante o agotamento e agonío que está a sufrir a sanidade pública e convocouse á veciñanza a unha nova concentración masiva e reivindicativa este domingo 17 de decembro ás 11.30 horas na Praza do Seixo.