Tomiño vai solicitar que non se bonifiquen os plans individuais de pensións, a petición da coordinadora estatal A moción pola Defensa do Sistema Público de Pensións, foi aprobada no último pleno ordinario

O Concello de Tomiño solicitará ao Goberno Español e á Unión Europea a retirada da proposta de Regulamento do Produto Europeo de Pensións Individuais, que será presentada en breve en Bruxelas, e que reforza as desgravacións fiscais dos plans privados de pensións, en detrimento do Sistema Público de Pensións.

A medida foi adoptada durante a última sesión plenaria, celebrada a semana pasada. Deste xeito, o Concello de Tomiño sumouse á solicitude feita pola Coordinadora Estatal pola Defensa do Sistema Público de Pensións, para rexeitar a mencionada proposta de regulamento. A decisión comporta tamén dirixirse aos Grupos Parlamentarios , co fin de que estes rexeiten a medida cando sexa debatida na Unión Europea.

Asemade, o goberno local se dirixirá ao Goberno Español e aos grupos parlamentarios europeos para pedir un estudo serio das medidas necesarias para que os sistema públicos de pensións garantan unhas pensións dignas e suficientes.

Foto: manifestación celebrada na Praza do Seixo no mes de abril, en favor da mellora do sistema público de pensións.