Tomiño visita a depuradora de Coristanco (A Coruña) para coñecer novas alternativas de baixo impacto ambiental O Concello sigue investigando novas alternativas de baixo impacto ambiental para incrementar a capacidade de depuración e a rede de saneamento

Catro concelleiros e concelleiras do equipo de goberno de Tomiño; entre eles, os de Servizos Públicos e Medio Ambiente, realizaron unha visita á depuradora de augas do municipio de Coristanco (provincia da Coruña), o día 17 de xullo pasado.

Acompañados por un técnico de medio ambiente do Concello, foron guiados polo xefe de sección da Consellería de Infraestruturas e Mobilidade Jean-Pierre Blanco, a través das instalacións deste sistema de depuración de baixo impacto.

A depuradora consiste basicamente nun sistema de tres lagoas en liña nas que se plantaron sobre un sostén de plástico biodegradable, unha serie de plantas cuxas raíces aseguran osíxeno e un espazo para que bacterias sobrevivan e dixiran a carga contaminante da auga, vertendo logo auga limpa a un regato cércano, cun custo enerxético moi baixo.

“Desta maneira o Concello sigue investigando novas alternativas de baixo impacto ambiental para incrementar a capacidade de depuración e a rede de saneamento, dando alternativas aos veciños e veciñas que utilizan solucións de depuración unifamiliares, coma son as fosas sépticas”, explica o concelleiro de Servizos Públicos, Lois Vázquez.