Tomiño e Vila Nova de Cerveira organizan as xornadas “Turismo no Contexto Transfronteirizo Cerveira-Tomiño” As prazas son limitadas, polo que as inscricións deben facerse previamente vía on-line

Tomiño e Vila Nova de Cerveira organizan as xornadas “Turismo no Contexto Transfronteirizo Cerveira-Tomiño”, o vindeiro día 31 de xaneiro.

A recepción dos participantes será ás 09:00h (hora de PT), no Castelo de Cerveira. Media hora despois terá lugar a presentación, a cargo do presidente da Cámara de Vila Nova, Fernando Nogueira e da alcaldesa de Tomiño, Sandra González.

Uxío Benítez, presidente da AECT Baixo Miño, falará sobre a Marca Río Miño, dando paso, a continuación a diferentes mesas de traballo (ver programa adxunto).

As prazas son limitadas, polo que as incricións deben facerse no seguinte enlace, preenchendo un formulario: https://goo.gl/forms/OS7GCUUKEvtkaAPF2