Unha unidade móbil de doazón de sangue visitará Tomiño o vindeiro LUNS 21 de setembro en horario de mañá e tarde A unidade situarase, coma outras veces, na rúa Daniel Calzado Poceiro, a carón do aparcadoiro público de terra, de 10.00 a 14.00 e de 16.30 a 21.00 horas).

Unha unidade móbil de doazón de sangue visitará Tomiño o vindeiro LUNS 21 de setembro en horario de mañá e tarde (de 10.00 a 14.00 e de 16.30 a 21.00 horas).

A unidade situarase, coma outras veces, na rúa Daniel Calzado Poceiro, a carón do aparcadoiro público de terra.

A Axencia Galega de Sangue, Órganos e Tecidos é un organismo público dependente da Consellería de Sanidade, que engloba o centro de transfusión de Galicia. Entre os seus obxectivos atópase a subministración de compoñentes sanguíneos a todos os hospitais de Galicia de acordo coas súas necesidades.

Cada día ADOS (Axencia de doazón de órganos e sangue) despraza dez unidades móbiles e mantén abertos sete puntos fixos de doazón nos principais hospitais, na procura de doazóns de sangue que despois son procesadas e preparadas para atender aos enfermos que as precisen.

No desenvolvemento do noso traballo resulta imprescindible o apoio de todas as entidades que conforman a nosa sociedade, entre elas os concellos que facilitan a colaboración das suas veciñas e veciños, é por isto queremos darlles as grazas.

Na situación actual, na que necesariamente debemos gardar certas prevencións sociais encamiñadas a preservar a saúde de todos, traballamos con cita previa para escalonar a afluencia de doadores, evitando esperas.

TOMIÑO

Luns, 21 de setembro

UNIDADE MÓBIL NA

RUA DANIEL CALZADO POCEIRO.

10:00 a 14:00 – 16:30 a 21:00