UNHA UNIDADE MÓBIL DE MAQUINARIA AGRÍCOLA estará en TOMIÑO OS DÍAS 1, 9 e 10 DE DECEMBRO O horario de atención será de 9:00 a 13:30 horas pola mañá, e de 15:15 a 18:00 horas pola tarde

Unha unidade móbil de inspección técnica desprazarase a Tomiño para realizar inspeccións técnicas periódicas de VEHÍCULOS AGRÍCOLAS (vehículos sen carga), OS DÍAS 1, 9 e 10 de decembro de 2021.

O lugar no que se establecerá será a explanada da comisaría da Policía Local.

O horario de atención será de 9:00 a 13:30 horas pola mañá, e de 15:15 a 18:00 horas pola tarde.

Para solicitar cita previa no Tlf: 902 309 000 ou a través da páxina web: www.sycitv.com no apartado de cita previa.