
11 Mar Vila Nova de Cerveira toma medidas preventivas contra o coronavirus A partir de hoxe, e até final de mes, pecha todos os equipamentos municipais non esenciais (entre eles, a piscina) e prioriza a atención telefónica na Cámara
Vila Nova de Cerveira toma medidas preventivas contra o coronavirus. A partir de hoxe, e até final de mes, pecha todos os equipamentos municipais non esenciais (entre eles, a piscina) e prioriza a atención telefónica na Cámara Municipal.
Seguindo as orientacións e recomendacións da Dirección Xeral da Saúde, debido á epidemia provocada polo novo Coronavírus, o Concello de Vila Nova de Cerveira informa das seguintes medidas preventivas:
– Peche temporal dos equipamentos municipais non esenciais, nomeadamente a Piscina Municipal;
– Suspensión de toda a programación cultural e outras actividades municipais organizadas polo/ou con apoio do Municipio, entre elas a Feira Semanal.
De interese municipal e de saúde pública, estas medidas de carácter preventivo, estenderanse até ao final do mes de marzo.
Serán avaliadas de acordo co desenrolar da epidemia e mediante as orientacións emanadas da Dirección Xeral de Saúde e do Goberno de Portugal.
O Municipio de Vila Nova de Cerveira agradece a comprensión e a colaboración de todos e todas.