“Vontade” organiza un festival solidario e MasterClass Dance Aerobic, o próximo sábado 29 de xuño, ás cinco da tarde, no Pavillón da Carballa As persoas que asistan terán que doar 5 euros, co que participarán nun sorteo, e as menores de 8 anos, entrarán de balde

A Asociación de Persoas con Discapacidade “Vontade”, organiza, coa colaboración do Concello e outras entidades, un festival solidario e unha MasterClass Dance Aerobic, o próximo sábado 29 de xuño ás cinco da tarde, no Pavillón da Carballa (Tomiño).

A clase de danza aeróbica estará a cargo do experto Vladimir Stoujinski comezando logo as actuacións de : “Salito” (guitarra flamenca); Zumba Stars; Grupo de Baile Xamaraina; Grupo de Gaitas Treboada Baixo Miño, e unha actuación sorpresa.

As persoas que asistan terán que doar 5 euros, co que participarán nun sorteo, e as menores de 8 anos, entrarán de balde. O diñeiro recadado irá destinado a sufragar os gastos da asociación, que presta servizo en toda a comarca.