O Concello de Tomiño invita a toda a cidadanía a poñerlle nome á nova avenida que rodeará o núcleo do Seixo e que transformará o centro da vila cara un espazo público pensado para as persoas, no que a mobilidade peonil e sustentable sexa unha prioridade.
Ata o vindeiro mes de febreiro estará en marcha un proceso participativo a través do que todos os veciños e veciñas do municipio poderán achegar ideas sobre que nome poñerlle a esta nova infraestrutura para, finalmente, escoller aquela que máis gusta a través votación popular.
Non o dubides, participa!