A aula CeMIT achega as últimas innovacións tecnolóxicas á mocidade tomiñesa

A aula CeMIT achega as últimas innovacións tecnolóxicas á mocidade tomiñesa 3D, realidade virtual, drons ou robótica son algunhas das temáticas que se traballarán nos cursos de balde que se impartirán durante os meses de xullo e agosto

Dirixidos a nenos e nenas a partir de 10 anos, haberá varias quendas dunha semana de duración

 A aula CeMIT de Tomiño prepara un verán cargado de actividades coas que rapazas e rapaces terán a oportunidade de explorar e aprender sobre as últimas innovacións tecnolóxicas dun xeito divertido e creativo. Durante os meses de xullo e agosto, a aula impartirá un curso sobre tecnoloxías disruptivas para nenos e nenas a partir de 10 anos.

“Este curso permitiralles experimentar con tecnoloxías emerxentes e desenvolver competencias relevantes para o mundo actual e futuro. As novas tecnoloxías están a transformar rapidamente a nosa sociedade e debemos asegurarnos de que os nosos mozos e mozas estean preparadas para aproveitar as oportunidades e converterse en cidadáns e cidadás dixitais competentes e creativos”, sinalou a alcaldesa, Sandra González.

Será un curso de balde cunha duración de 10 horas e con diferentes datas e quendas de participación para que as persoas interesadas poidan escoller a que mellor se adapte á súa axenda. Así haberá clases as persoas interesadas en participar poderán elixir entre sete quendas diferentes:

  • Quenda 1: semana do 3 ao 7 de xullo
  • Quenda 2: semana do 10 ao 14 de xullo
  • Quenda 3: semana do 17 ao 21 de xullo
  • Quenda 4: semana do 31 de xullo ao 4 de agosto
  • Quenda 5: semana do 7 ao 11 de agosto
  • Quenda 6: semana do 21 ao 25 de agosto
  • Quenda 7: semana do 28de agosto ao 1 de setembro

En horario de 10.00 a 12.00 horas menos e nenas desfrutarán das novas tecnoloxías deseñando obxectos para logo imprimilos nunha impresora 3D, coñecendo o metaverso do Educa360 a través dunhas gafas de realidade virtual, programando un dron para que faga voos de forma automática, aprendendo programación e robótica coa placa Micro:Bit e falando dos fundamentos da electrónica a través das placas Arduino.

Para obter máis información ou inscribirse as persoas interesadas poden chamar ao 986 62 33 04, mandar un correo a cemit.tomino@xunta.gal ou pasar pola aula CeMIT, situada no parque do Campo da Feira de Tomiño, de luns a venres de 9.15 a 13.45 horas, ademáis dos martes de 16.30 a 20.30 h.