A Mancomunidade do Baixo Miño convoca unha praza interina de condutor/a O prazo para presentar as solicitudes remata o 25 de novembro, nos concellos de Tui, O Rosal, A Guarda ou Tomiño

No BOPPO de hoxe, 11 de novembro de 2019, saíu publicado o anuncio da convocatoria dunha praza de condutor/a interino/a e a creación dunha bolsa de emprego para futuras coberturas temporais na Mancomunidade Intermunicipal do Baixo Miño.

O prazo para presentar as solicitudes son 10 días hábiles a contar dende o seguinte ao da publicación no BOPPO (é dicir, até o 25 de novembro).

As solicitudes poderán presentarse presencialmente en calquera dos rexistros xerais dos concellos de Tui, Tomiño, O Rosal e A Guarda, ou en calquera das súas respectivas sedes electrónicas.

O resto das publicacións respecto deste proceso selectivo, realizaranse a través da páxina web do Concello de Tomiño (tomino.gal).

Nos seguintes enlaces poden consultarse as bases completas e os modelos de solicitude e de autobaremo:

Bases condutor/a MIMBM

impreso autobaremo

Solicitude