Aberto o prazo de inscrición para o obradoiro de Nadal “Xogando en Familia” A actividade, de carácter interxeracional, levarase a cabo na Casa da Cultura, os días 1, 15, 22 e 29 de decembro de 10.00 a 14.00 horas, e poderán participar persoas a partir de seis anos

Desde esta semana está aberto o prazo para inscribirse no obradoiro “Xogando en Familia”, organizado polo Concello de Tomiño en colaboración coa Deputación de Pontevedra. A actividade, na que as familias que participen, compartirán xogos tradicionais e construirán xoguetes coma os que os seus avós e avoas usaban para xogar, servirá para facer un repaso pola historia recente, a partir do campo dos xogos.
Pola súa banda, os máis pequenos/as das familias poderán ensinar a xogar aos seus maiores cos xoguetes e xogos actuais.
Esta actividade interxeracional levarase a cabo na Casa da Cultura, os días 1, 15, 22 e 29 de decembro de 10.00 a 14.00 horas, e poderán participar persoas a partir de seis anos.
Actividade totalmente de balde.
Inscricións neste enlace da páxina web do Concello:   https://tomino.gal/xogando-en-familia/