O recoñecido grupo de música folk “Treixadura” pecha o ciclo o Son da Praza do mes de xullo en Tomiño. A formación musical, que mistura o canto coa gaita, presentará o vindeiro sábado, 29 de xullo, na Praza do Seixo, 22.30 horas, “Vendima tarda”, o sexto...

Once profesores de Turismo (todos xeógrafos) de diferentes universidades españolas (Madrid, Barcelona, Alicante, Sevilla, Mallorca, Málaga, etc.), acompañados por Rubén Lois (catedrático de Xeografía na USC), participan dende hoxe até o domingo dun encontro no Concello de Tomiño. Trátase dun grupo de expertos que ademais de...

O Concello de Tomiño vén de presentar a programación de voluntariado do verán 2017. Algunhas actividades están destinadas á infancia, coma os obradoiros de xogos tradicionais ou o taller de igualdade de xénero. Outras, ás persoas maiores de 60 anos, coma o obradoiro de benestar ou...

As valedoras/provedoras transfronteirizas, recentemente designadas polos concellos de Tomiño e Vila Nova de Cerveira, respectivamente, comezaron a súa andadura onte na Casa Consistorial tomiñesa. A primeira reunión, que contou coa presenza da alcaldesa de Tomiño, Sandra González, e técnicos de ambos os dous municipios, consistiu nunha...

Dentro do programa "Ruta Artes&Oficios" organizada pola Aula-Museo Antonio Fernández, de Goián, celebrarase esta tarde, ás 20.00 horas, a segunda visita a artistas da zona; en concreto, ao obradoiro de cerámica de Leandro. O punto de reunión e partida será a praza de Goián, diante...

Non consentir actitudes machistas na casa ou no cole, non calarse ante un acosador e ser solidarios coas vítimas, foron algúns dos consellos do sarxento da Garda Civil de Tomiño, Pablo Piñeiro, para cos nenos e nenas que asisten estes días ao Campus de Fútbol...

O Concello de Tomiño ofreceu, coma cada ano, unha recepción aos nenos e nenas saharauis que pasan o verán en Tomiño e noutros concellos das comarcas do Baixo Miño e Val Miñor. Acompañados polo delegado de zona do SOGAPS (Solidariedade Galega co Pobo Saharaui), Henrique Porto,...

A Concellaría de Deportes do Concello de Tomiño inaugurou este luns, o sétimo Campus de Fútbol de Verán, que se estenderá ao longo de dúas semanas; concretamente até o sábado 28, de maneira simultánea nos campos municipais de fútbol de A Carballa (Tomiño) e O...

Tomiño implanta nestas semanas a nova Sede Electrónica do Concello, sumándose ao proceso de modernización xeral das Administracións, que ten coma finalidade facilitar e axilizar a xestión dos expedientes, tanto dentro coma fora do Concello. A decisión de crear a sede electrónica foi tomada de forma...