A Praza do Seixo acolleu a partir do mediodía diferentes actos conmemorativos O Concello de Tomiño, dedicou este ano o Día das Letras á tradición popular. Con este fin, durante toda a xornada de hoxe, na Praza do Seixo, alumnado dos centros educativos e membros de asociacións de ámbito local, acompañados de música tradicional e de regueifas, celebraron o Recital oral de tradición popular. A praza do Concello acolleu, ademais, co gallo da celebración do Día das Letras Galegas, unha Feira do Libro e outros actos lúdico-culturais, durante toda a xornada.