O cineclub Poleiro estrea o 2018 cunha nova proxección. O vindeiro xoves 11 de xaneiro, todos os veciños e veciñas poderán ver no Auditorio de Goián ás 21.30 horas a película ‘El viajante’, con guión e dirección do iraní Asghar Farhadi, considerado como o cineasta...

O Concello de Tomiño publica as bases do Circuito Cultural 2018, co obxecto de fomentar as actuacións de grupos musicais de Tomiño relacionados coa música folclórica galega, dentro do termo municipal. O prazo de presentación de solicitudes comeza no día seguinte ao desta publicación na web...

O Concello de Tomiño publica as bases para o desfile de comparsas do entroido "Venres de Foliada 2018". O prazo de inscrición será do 22 ao 26 de xaneiro de 2018, ambos inclusive. O desfile terá lugar o venres 9 de febreiro de 2018 ás 21:30. Pode consultar...

A exposición do certame de fotografía Viaxando pode visitarse nas dependencias do Concello de Tomiño. Durante uns días a entrada do concello acolle as máis de 20 imaxes presentadas para a XI edición deste concurso realizado entre as oficinas de información xuvenil de Tomiño, O...

A alcaldesa de Tomiño, Sandra González, e todo o goberno local quere trasladar o seu más sentido pésame a familiares e amigos do pintor tomiñés Mario Rodríguez, personaxe senlleiro do municipio que falecía este luns. O artista, nado en Figueiró hai 86 anos, foi homenaxeado...

A Asociación Cultural, Deportiva e Recreativa Solleiro inaugura este sábado 23 de decembro o IX Concurso-Exposición de Beléns de Tomiño, que como cada ano estará a disposición do público na Casa da Cultura ata o vindeiro 7 de xaneiro. Nesta mostra, organizada en colaboración con...

Aproxímase o Nadal é con el unha das actuacións máis especiais e máis esperadas do ano, o tradicional Concerto de Nadal da Agrupación Musical de Goián, que este ano da o pistoletazo de saída á programación deseñada polo concello de Tomiño para que os tomiñeses...