Faladoiros para mellorar o inglés charlando A cargo de Sam Arbon, nativo británico, están dirixidos a persoas de niveis de A2 a C2

Tomiño, 26 de outubro 2023.- Nun mundo cada vez máis globalizado, a competencia lingüística en inglés é cada vez máis importante e máis valorada. Contar cun bo nivel de inglés abre moitas portas laborais, permite traballar fora, desenvolverse en reunións con clientes ou provedores internacionais e conseguir mellores condicións e retribucións no traballo. Pero o mundo do ocio non é alleo a esta realidade, e as persoas que gustan de viaxar polo mundo saben da importancia de ter un bo dominio da lingua inglesa.

Por todo isto, e tamén para desfrutar charlando e coñecer a outras persoas, a OMIX de Tomiño promove uns faladoiros en inglés, da man de Sam Arbon, mozo británico afincado en Tomiño e membro do grupo de voluntariado da OMIX.

Os faladoiros serán reunións informais en formato english speaking coffee, e  están dirixidos a persoas de calquera idade, cun nivel de inglés aproximado do A2 a C2. Trataranse temas como viaxes e vacacións, deportes, música e pasatempos, cinema, libros, …

Os faladoiros organizaranse en dous grupos cas seguintes datas:

GRUPO 1: luns ás 11h no primeiro andar do Mercado de Tomiño.
Inicio: 6 de novembro.
Remate:18 de decembro

GRUPO 2: martes ás 19h na OMIX de Tomiño.
Inicio: martes 7 de novembro.
Remate: martes 19 de decembro

Máis información e inscricións en tomino.gal