MINUTO de SILENCIO polo NAUFRAXIO do “VILA DE PITANXO” diante da Casa do Concello O goberno local convoca a todas as entidades locais e veciñanza a asistir a este minuto de silencio, hoxe mércores ás 11.00 da mañá

Ás 11 da mañá faremos un MINUTO SILENCIO polo NAUFRAXIO do “VILA DE PITANXO”, sumándonos hoxe ao loito oficial polo naufraxio en augas de Terranova do pesqueiro que causou o falecemento e a desaparición de varios tripulantes.
Por este motivo, convocamos a todas as entidades locais e veciñanza a asistir a este minuto de silencio, hoxe mércores día 16 ás 11.00 da mañá, diante da Casa do Concello, como mostra do pesar compartido e da nosa solidariedade.