MODIFICACIÓN DO PERFIL DE XESTOR/A CULTURAL +EMPREGA 2024 Cambiase a titulación inicialmente requirida para a ocupación de Xestor/a cultural pola de Grao universitario en humanidades

O pasado 4 de outubro publicouse nesta web a noticia  pola que se anunciaba o inicio dos procesos selectivos para cubrir 3 prazas para persoas recen tituladas universitarias, unha das cales requiría da posesión da titulación de Grao en ciencias da cultura e difusión cultural, dado que con esta titulación o proceso quedou deserto, co obxecto de que non se perda a axuda, o Concello modificou a titulación requirida para a devandita praza de Xestor/a cultural que pasa a ser a de Grao universitario en humanidades.

Tanto o anuncio que indica os perfis e requisitos para participar nestes procesos, como o desta modificación pódense consultar no Taboleiro de anuncios da sede electrónica do Concello de Tomiño, no apartado de emprego público.

https://tomino.sedelectronica.gal/board/9753e838-f59b-11de-b600-00237da12c6a/