O Concello de Tomiño expresa a súa profunda preocupación pola crítica situación da atención primaria no municipio Nestes momentos só hai dous médicos para os máis de 14.000 habitantes do municipio

O Concello de Tomiño manifesta a súa seria inquedanza ante a precaria situación que atravesa a atención primaria e o centro de saúde da localidade. Neste momento crítico, hai tan só dous médicos dispoñibles para atender a unha poboación de máis de 14.000 habitantes, cando a plantilla debería ser de oito profesionais.giga sport scarpe guardiani uomo cmp bundy damske birkenstock linz sl footshopping vaude bagage haibike sduro fullseven lt 4.0 2019 pumpkin spice steek oorbellen nike zimne boty svetr fox amazon ceinture pour le dos josh allen womens jersey air jordan 4 military black scooter hut melbourne veste moto toute saison amazon

A escasa dotación de recursos médicos e de persoal está a resultar nunha atención insuficiente e nun colapso evidente do sistema de saúde local. A situación agrávase co peche do consultorio de Goián, sobre o que non hai unha previsión de apertura clara. O local está dispoñible dende abril e o Concello segue asumindo os costes do alquiler -630€/mes- a pesar do seu continuo peche.

A preocupación do Concello tamén se reflicte na incapacidade para xestionar citas médicas, pois nestes momentos as listas permanecen pechadas ata febreiro, o que implica unha demora inaceptable na atención ás necesidades de saúde da veciñanza e un paso máis na precarización da sanidade pública.

A pesar dos continuos esforzos por parte do Concello aínda non se logrou avanzar nunha maior dotación de médicos. O Concello de Tomiño insta á Xunta de Galicia a priorizar e buscar solucións urxentes, asignando os recursos necesarios para garantir un servizo de saúde digno e de calidade. Ademais, o goberno municipal segue reafirmando o seu compromiso en traballar incansablemente a prol da sanidade pública.