O CONCELLO ORGANIZA O CURSO DE FORMACIÓN DE PERSOAS ADULTAS 2019/2020, CO FIN DE PREPARAR AO ALUMNADO PARA OBTER O GRADUADO DA ESO As persoas interesadas poderán inscribirse no rexistro municipal a partir do 24 de outubro e até o 30 deste mes

O CONCELLO DE TOMIÑO ORGANIZA O CURSO DE FORMACIÓN DE PERSOAS ADULTAS 2019/2020, CO FIN DE PREPARAR AO ALUMNADO PARA OBTER O GRADUADO DA ESO POR LIBRE, PREPARAR A PROBA DE ACCESO A CICLOS MEDIOS E AS DE COMPETENCIAS CLAVE

 

O Concello de Tomiño organiza o curso de formación de persoas adultas co obxectivo de preparar ao alumnado para obter o graduado da ESO por libre, a proba de acceso a ciclos medios e as de competencias clave.

Os requisitos para a inscrición no curso serán:

  • Ter cumpridos os 16 anos.

Terán preferencia aquelas persoas que estean empadroadas en Tomiño, e as persoas que asistan ao mesmo por primeira vez.

Ademais dos requisitos anteriores, para poder presentarse á proba para obter o graduado da E.S.O. do próximo mes de maio será necesario:

  • Non estar matriculado oficialmente en ningún curso da ESO, en ningún centro educativo de Galicia no curso 2019/2020.
  • Ter cumpridos os 18 anos antes do día da proba por libre para obter o título da ESO.

As persoas interesadas, poderán inscribirse  entre os días 24 e 30 de outubro (ata as 13.00 horas) de 2019, presentando de maneira presencial ou electrónica (a través da Sede electrónica na web tomino.gal) no rexistro do Concello o modelo de inscrición cuberto que se pode descargar da web municipal tomino.gal, xunto cunha fotocopia do DNI.

Durante o curso, as clases terán lugar dous días na semana (martes e xoves) 3 horas cada día, en horario a determinar.

Os prezos mensuais das clases que inclúen tamén o material didáctico, serán os seguintes:

  • Para persoas cos tres ámbitos pendentes 30€/mes.
  • Para persoas con dous ámbitos pendentes 20€/mes.
  • Para persoas cun ámbito pendente 15€.

Ademais, o alumnado poderá acceder ás gravacións  de voz das clases a través de internet, etc.

A actividade formativa non se levará a cabo se non se acada un número mínimo de 10 persoas inscritas.

No seguinte enlace pode atoparse a folla de inscrición que se debe presentar no momento da inscrición:

modelo inscrición