O Triatlón da Amizade Cerveira-Tomiño 2019 reúne este domingo a máis de 300 atletas Os participantes terán que nadar unha distancia de 750 m., realizar unha proba de ciclismo de 20 Km. e unha carreira a pé de 5 Km.

O XII Triatlón da Amizade Cerveira-Tomiño celebrarase o vindeiro día domingo 1 de setembro, prevéndose a participación  de máis de 300 atletas federados/as e non  federados/as, oriúndos dos dous países veciños, e que van disputar o circuito novo de promoción en BTT, no período da mañá (inicio 10h15 PT), e o Triatlón Sprint Estrada, cuxo arranque está previsto para as 14h30 (hora PT).

As persoas participantes na proba terán que nadar unha distancia de 750m, previamente  a unha proba de ciclismo de estrada de 20 Km. e finalizando cunha carreira a pé de 5 Km. As probas transcorrerán entre a localidade galega de Goián, no municipio de Tomiño, e a lusa de Vila Nova de Cerveira,  con puntos de partida e chegada localizados no Espazo Fortaleza, en Goián, e o parque de transición no Caês do Río Miño, en Cerveira .

Sendo o único triatlón organizado entre Portugal e España, o Triatlón da Amizade Cerveira-Tomiño carrexa unha gran responsabilidade, polo recoñecemento dos equipos de atletas participantes e o carácter de potenciación do deporte transfronteirizo, tendo o río Miño como recurso de conexión .

Con 11 anos de historia , a organización  optou, en 2018, por suspender a realización  da proba por un ano, facéndoa máis áxil, competitiva e cunha maior bisagra dos recursos existentes.

En conferencia de prensa celebrada hai un par de semanas no Concello de Tomiño, a alcaldesa de Tomiño, Sandra Gonzalez, e o vicepresidente da Cámara Municipal de Vila Nova de Cerveira , Vitor Costa, acompañados polos representantes das federacións e os concelleiros de Deportes, explicaron que se procedeu á adaptación da normativa das dúas federacións envoltas, co propósito de realzar os puntos comúns e a valorización do cariz transfronteirizo do evento; á introdución da cronometraxe electrónica (chip) emitindo os timings parciais e os resultados finais de forma máis fidedigna; á clasificación única deixando de existir a entrega de premios  por nacionalidade; e á reprogramación no calendario deportivo, pasando do 3º fin de semana de setembro para o primeiro.

En disputa está o “Trofeo da Amizade”, unha obra do escultor español Arcádio Blasco. Esta pequena escultura, ten  a designación de “Encontro de Culturas” e desde a primeira edición, é o símbolo do Triatlón da Amizade.