Oferta de emprego para persoal de limpeza Para realizar desinfeccións en instalacións de uso educativo por mor da crise do COVID-19

O Concello de Tomiño lanza unha convocatoria para crear unha bolsa de emprego de limpadores/as do Concello de Tomiño coa finalidade de atender o incremento das desinfeccións necesarias en instalacións de uso educativo, por mor de cumprir os protocolos de desinfección aprobados pola Xunta de Galicia para os devanditos centros debido á crise do COVID-19.

Para realizar a solicitude deberá ser preenchido o documento achegado ao final desta publicación, consistindo nun modelo de solicitude e autobaremo e demais documentación xustificativa. Esta documentación poderá ser entregada de forma presencial no rexistro do Concello (IMPRESCINDIBLE CITA PREVIA) ou mediante a sede electrónica do Concello de Tomiño.

O prazo de presentación de solicitudes comeza o día seguinte á data da presente publicación (11/11/2020), e remata o 24/11/2020.

A cita previa para a entrega da documentación de xeito presencial poderá realizarse mediante sede electrónica ou chamando ao 986 622 001.

Modelo de solicitude e autobaremo

Resolución da convocatoria