Tomiño capta fondos para o gasto do alumeado e da recollida do lixo A Deputación de Pontevedra cofinancia, a través da Liña 2 do Plan Concellos 2023, parte do gasto de alumeado público e de recollida de lixo do Concello 

O Concello de Tomiño conseguiu unha subvención de 380.721,48 € da Deputación de Pontevedra para o pago dunha parte do gasto do alumeado público e recollida de lixo.

Dende principios do ano 2022 produciuse un importante incremento dos gastos en alumeado público, como consecuencia dos elevados prezos da electricidade dese ano. Por este motivo, o Concello de Tomiño sufriu dende entón unha elevadísima suba destes gastos, dado que a poboación municipal está asentada de maneira moi dispersa nun territorio xa de por si amplo de 106 km2, o que supuxo unha importante redución da súa capacidade financeira para prestar este servizo esencial.

Dado que ao longo de 2023 os prezos da electricidade fóronse reducindo, foi posible destinar parte desta axuda a outro dos importantes gastos correntes desde Concello: a recollida do lixo.