Tomiño ofrece actividades deportivas de verán para facer en familia As inscricións realizaranse a través dun formulario que estará dispoñible na web municipal

A concellería de Deportes do Concello de Tomiño organiza unha serie de actividades de verán dirixida á infancia e ás persoas adultas, que poderán desfrutarse en familia ou individualmente.

A oferta inclúe dende deportes máis clásicos, coma o atletismo, o tenis ou o piragüismo, até propostas máis novidosas coma o ioga en familia, o pádel ou rutas en kaiak polo Miño (xuntamos programación con todos os datos).

As inscricións realizaranse a través dun formulario que estará dispoñible na web municipal, accesible en https://tomino.gal/programacion-deportiva-de-veran-2021/ . As persoas menores de idade precisarán autorización materna, paterna ou do titor/a legal. Para máis información pódese chamar aos números de teléfono do Concello (986 622 001/02/03) ou mandar un correo electrónico a cultura@tomino.gal

En todos os cursos ofertados requírese un mínimo de 15 persoas para que se leven a cabo.

CURSO DE IOGA EN FAMILIA: nesta actividade o tempo transcorre entre movemento, xogo, imitación, risa, entendemento, baile, canto e calma. 

O entorno escollido para levar a cabo este obradoiro é o interior da Fortaleza de Goián nos meses de xullo e agosto.

Dirixido a nenos e nenas sempre en compañía dunha persoa adulta. Inicio: xoves 1 de xullo ata o martes 31 de agosto. HORARIO: martes e xoves de 12h a 13.30h. Prezo: 25€/mes por persoa adulta. Menores de idade, gratis.

CURSO DE PROMOCIÓN AO PIRAGÜISMO.

Impartido polo Club Deportivo Miño. O obxectivo é introducir as nenas e nenos nesta práctica deportiva e tamén dar a coñecer o río. Está destinado a persoas de entre 8 e 14 anos. 

HORARIO: 

GRUPO A: luns e mércores de 17 h a 18.30 h o 28, 30 de xuño e 5 e 7 de xullo. e GRUPO B: luns e mércores 17 h a 18.30 h o 19, 21, 26 e 28 de xullo. 

Prezo: 20€. É obrigatorio saber nadar.

ACTIVIDADE DE  KAIAK EN FAMILIA.

Impartido polo Club Deportivo Miño. Actividade dirixida a familias e grupos de amigos/as (se a situación sanitaria o permite). Unha ruta dunha hora ou hora e media de duración polo Miño, dependendo do estado do río e das persoas que participen. 

Horario: días 11 de xullo e 8 de agosto ás 11.00h. Lugar: antigo embarcadoiro de Goián. Prezo: 20€ os maiores de idade; menores de 12 anos gratis. É obrigatorio saber nadar.

CAMPUS DE ATLETISMO.

Impartido pola Sociedade Atlética Trega na pista de atletismo do CEP Pedro Caselles. O obxectivo é iniciar no deporte a nenos e nenas mediante o traballo das habilidades motrices de cada especialidade (carreiras, saltos e lanzamentos). O alumnado coñecerá esta disciplina a través do xogo e mediante a promoción da actividade física como hábito saudable, á vez que se fomentarán actitudes de respecto, compañeirismo e convivencia entre as persoas.

Temporalización: primeira semana de agosto de luns a venres, 3 horas diarias, grupos reducidos. Prezo: 10€. Máximo de 40 prazas.

Horarios:

Infantil (nacidos entre 2005 e 2009): de 10:00 a 11:30

Infantil (nacidos entre 2010 e 2015): de 11:45 a 13:15

ESCOLAS DE VERÁN DE TENIS INFANTIL E PERSOAS ADULTAS.

Infantil: Impartido por un profesional da materia en pistas municipais co obxectivo de introducir ás nenas e nenos, de entre 6 e 17 anos, neste deporte. Formaranse grupos segundo as idades.

Duración: meses de xullo e agosto. Temporalización: luns, mércores e venres. Prezo: 15 €/mes por alumno/a.

Persoas adultas (a partir de 18 anos): impartido por un profesional da materia en pistas municipais co obxectivo de introducir ás persoas adultas neste deporte.

Duración: meses de xullo e agosto. Prezo: 35 €/mes por alumno/a.

Horarios:

Infantil (de 5 a 8 anos): de 10:00 a 11:00

Infantil (de 9 a 12 anos): de 11:00 a 12:00

Adolescentes (de 13 a 17 anos): de 12:00 a 13:00

CAMPUS DE VERÁN DE PÁDEL INFANTIL E PERSOAS ADULTAS

Infantil: impartido por un profesional da materia en pistas municipais co obxectivo de introducir no deporte ás persoas interesadas. Ensinanza dos aspectos técnico-tácticos do deporte, introducindo ao alumnado no xogo, dun xeito divertido, mediante exercicios de curta duración e moita variedade.

Duración: xullo e agosto. Horario: martes e xoves de 10.30h a 11.30h e de 11.30h a 12.30h. Prezo: 12 € mes/alumno. Requisitos de inscrición: ter entre 6 e 17 anos. 

Persoas adultas: a partir de 18 anos: impartido por un profesional da materia en pistas municipais co obxectivo de introducir as persoas interesadas neste deporte, que axuda a fortalecer e tonificar a musculatura, o desenvolvemento psicomotriz e a coordinación. Estimula a capacidade aeróbica, a axilidade, os reflexos e a velocidade. 

Duración: meses de xullo e agosto. Horario: martes e xoves de 12.30h a 13.30h.

Prezo:32 € mes/alumno/a.