14 Mar O programa ‘Cos pés na terra’ desvela os segredos sobre os enxertos en plantas de inverno Trátase da actividade que máis éxito tivo de entre oito accións formativas organizadas ao abeiro deste programa da Escola EU Rural
Vinte horas para aprender os segredos sobre os enxertos en plantas de inverno, dende que son, a súa finalidade, tipos, límites e incompatibilidades ata meter as mans na terra e preparar as xemas, ferramentas e material vexetal para poñelos en práctica. Esta foi a última...